viernes, 3 de marzo de 2017

ANIVERSARIOS FEBREIRO

Este mes de febreiro tivemos varios aniversarios de compañeiros que celebrar: Lucas Juncal, Claudia,  Sara e Martina. Todos cumpriron xa 5 anos! Moitas felicidades!















ENTROIDO 2017




TEATRO DE SOMBRAS

O venres pasado, os nenos e nenas de 5º de primaria, prepararon na sua clase un teatro de sombras que nos encantou. Noraboa polo traballo!!





miércoles, 1 de marzo de 2017

ESTREO DA PELÍCULA EN FOTOS

O martes 14 de febreiro, presentamos a película "Charlot e Violeta".
Os presentadoren foron David  e Alex.
Eles encargáronse de contar a todos quén era Charles Chaplin e qué foi o que fixemos.
As familias estiveron moi atentas e polos aplausos parece que a todos lles gustou moito.
Moitas grazas.

o















E o venres día 17 fixemos o estreo para tódolos nenos e nenas do cole, os tres anos, e desde primeiro de primaria ata sexto. Estaban foi emocionados!!




viernes, 17 de febrero de 2017

"CHARLOT E VIOLETA" A película

Despois de días de ensaios, rodaxe e presentacións, xa podedes disfrutar da nosa gran película "Charlot e Violeta". Con guión elaborado polos nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Infantil. Esperamos que vos guste!!


miércoles, 15 de febrero de 2017

PROMOCIÓN TRAILER

Estes días estamos entinando o trailer os nenos de Primaria para anunciar a  estrea da película, que será este vendes 17 as 12.30 no comedor.
Están todos impacientes e deseando vela!!






Pero ademáis, tamén estivemos facendo por equipos,  as invitacións para profes e nenos. Fíxolles moita ilusión recibilas!