domingo, 29 de noviembre de 2015

CUMPREANOS DE MATEO

Este xoves pasado, 27 de novembro foi o cumpreanos do noso amigo Mateo, polo que tocoulle soprar a vela dos 3 aniños que cumpriu, e ademáis de facerlle a súa coroa, todos xuntos cantamoslle o cumpreanos felíz. Felicidades Mateo!!





Que guapo estou coa miña coroa, e ainda que a tarta é de platilina ten moi boa pinta!!

BLAMPíRICO

Cando rematou o samaín decidimos facer, xunto cos nenos e nenas das outras clases de infantil, un conto " de medo", o que lle puxemos por título "BLAMPÍRICO".Tardamos un pouco en rematalo pero aquí tendes por fin o resultado. Esperamos que vos guste moito!!!


lunes, 23 de noviembre de 2015

FESTA DO MAGOSTO

O venres 13 de novembro celebramos no cole a festa do magosto. Gracias o profe José Luis e máis os nenos de 6º puidemos divertirnos nos xogos que prepararon no patio. E depois puidemos probar as castañas que mentras se foron asando. Que ricas estaban!!




magosto 2015 - Kizoa Movie Maker

miércoles, 18 de noviembre de 2015

COUSAS DE OUTONO 1

O longo deste mes estamos a traballar moitas cousas relacionadas co outono. Algunhas das que fixemos son:





A profe debuxou unha árbore moi grande que nós decidimos pintar coa tempera marrón empregando esponxas.








Unha vez rematada a nosa árbore pensamos que lle faltaban algunhas follas,  asi que decidimos pintalas. As cores que empregamos foron as que entre todos cosideramos que son de outono: amarelo, marrón, laranxa e verde.





Así de chula quedou a nosa árbore, que empregamos para decorar a porta do armario da profe.


 Ademáis fixemos unha castaña moi graciosa que deunos moito traballo: coloreala, recortala e pegala.
Añadir leyenda


E por último fixemos a nosa "medalla castaña" para poñer o día da festa do magosto durante os xogos.




En próximas entradas poderedes ver a festa do magosto e máis cousas que estamos a traballar. 

lunes, 2 de noviembre de 2015

FESTA DO SAMAÍN

O xoves día 29 celebramos no cole a festa do samaín. Moitos de nós vimos asi de guapos.




E así de ben pasamolo na nosa primeira festa no cole.


samain2015 - Kizoa Movie Maker