miércoles, 18 de noviembre de 2015

COUSAS DE OUTONO 1

O longo deste mes estamos a traballar moitas cousas relacionadas co outono. Algunhas das que fixemos son:





A profe debuxou unha árbore moi grande que nós decidimos pintar coa tempera marrón empregando esponxas.








Unha vez rematada a nosa árbore pensamos que lle faltaban algunhas follas,  asi que decidimos pintalas. As cores que empregamos foron as que entre todos cosideramos que son de outono: amarelo, marrón, laranxa e verde.





Así de chula quedou a nosa árbore, que empregamos para decorar a porta do armario da profe.


 Ademáis fixemos unha castaña moi graciosa que deunos moito traballo: coloreala, recortala e pegala.
Añadir leyenda


E por último fixemos a nosa "medalla castaña" para poñer o día da festa do magosto durante os xogos.




En próximas entradas poderedes ver a festa do magosto e máis cousas que estamos a traballar. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario