miércoles, 9 de diciembre de 2015

PASTELITO DE OUTONO

O mércores da semana pasada puxemonos mans a obra e fixemos de novo unha riquisima receta de cociña: "Pastelito de outono".



Os ingredientes que empregamos foron: sobaos, chocolate liquido e noces.
 
  O primeiro foi sacar o sobao do seu envoltorio. Non resultou nada fácil, tiñamos que ter coidado de que non rompera!!







O seguinte paso foi picar as noces en anacos ben pequenos, para logo ponerlle ó biscoito por enriba.



Costounos un pouquiño porque estaban ben duras pero pouco a pouco o fixemos.

E o último paso antes de comelo foi botarlle o chocolate líquido por enriba. Que boa pinta!!!






E xa para rematar quedabanos o mellor: COMER O NOSO PASTELITO!!






Como nos puxemos, estaba boiiiisimo!!




Ahora xa sabedes, podemos facelo na casa cando queirades!!

viernes, 4 de diciembre de 2015

EXPOSICIÓN OUTONO

Aquí tendes unha mostra de como quedou o noso saloncito do cole con tódolos traballos que fixestes con froitos do outono, follas, piñas, ourizos...









            Moitas gracias pola vosa colaboración!!!

COUSAS DE OUTONO 2

Estes días seguimos a traballar cousas do outono.Estivemos a facer un libriño facendo distintas fichas.




 Pintamos unha seta do outono e colocámoslle gomets para decorala.

Añadir leyenda






Pintamos coas temperas unha folla coas cores do outono. Cada un puido elixir a cor que máis lle gustaba.



E fixemos unha ficha das festas que celebramos no cole en outono: o samaín e o magosto.




Añadir leyenda

miércoles, 2 de diciembre de 2015

CUMPREANOS DE IZAN

O pasado sábado día 28 de novembro foi o cumpreanos do noso amigo Izan. Celebrámolo facéndolle unha coroa e cantándolle o cumpreanos felíz. Pasámolo moi ben. Felicidades Izan!!







domingo, 29 de noviembre de 2015

CUMPREANOS DE MATEO

Este xoves pasado, 27 de novembro foi o cumpreanos do noso amigo Mateo, polo que tocoulle soprar a vela dos 3 aniños que cumpriu, e ademáis de facerlle a súa coroa, todos xuntos cantamoslle o cumpreanos felíz. Felicidades Mateo!!





Que guapo estou coa miña coroa, e ainda que a tarta é de platilina ten moi boa pinta!!