Este mércores pasado Pataquiña, a nosa mascota da biblioteca do cole, deixounos unha carta na biblioteca na que nos contaba que andaba explorando o mundo e coñecendo moitos animais. Un dos que máis lle gusta é o koala e gustaríalle saber moitas cousas sobre él. Podemos traer ó cole cousas relacionadas con este animal para poñer na nosa exposición.
viernes, 22 de enero de 2016
RINCÓN DA CIENCIA: MESA DE LUZ
Á volta das vacacións, como xa crecemos un montón, somos maiores e coñecemos e respetamos moi ben as normas da clase, a profe decidiu ensinarnos un rincón da clase que aínda nos quedaba por descubrir: o rincón da ciencia e a mesa de luz. É unha chulada, a todos nos gustou un montón e polo de agora estivemos explorando e coñecendo tódalas cousas que temos neste rincón. O rincón da ciencia. Iremosvos ensinando moitas cousiñas que traballeremos neste rincón.
CUMPREANOS LUCAS RAMÓN
Este domingo pasado foi o cumpreanos do noso compañeiro Lucas Ramón. Foi o primeiro en cumprir catro anos, así que tivemos que por catro velas na nosa tarta. Coma sempre fixémoslle unha coroa e cantamoslle as cancións. Felicidades Lucas!!
jueves, 14 de enero de 2016
miércoles, 30 de diciembre de 2015
ANIVERSARIOS DE YOANA E MOISÉS
O venres 18, ainda que tivemos a festa de fin de ano, tamén celebramos os aniversarios de Yoana e Moisés que cumplían 3 anos. Soplaron a vela e cantámoslles as cancións, sen olvidarnos das coroas tan bonitas que lles preparamos. Felicidades!!!
CARTA OS REIS MAGOS
No saloncito do cole había un buzón para mandarlle a carta os reis magos, así que decidimos que cada un fixera a súa. Como aínda non sabemos escribir fixemos o debuxo dos xoguetes que cada un pedimos. Seguro que nos traen moitos regaliños porque a profe María dice que fomos moi bos!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)