martes, 22 de septiembre de 2015

CARTEL DOS CUMPREANOS

A semana pasada estivemos a traballar muito. Fixemos entre todos un cartel onde aparecen as nosas fotos no mes no que cumprimos anos cada un de nós.


O primeiro que fixemos foi sacar as fotos. A profe axudounos un pouquiño!


Despois puidemos ver as nosas fotos no ordenador e imprimilas.

 Que divertido! Sae a miña foto nun papel!





O seguinte paso foi recortar
as fotos coa tesoira, tarefa 
complicada pero coa axuda
da profe resoltou xenial.

Cando xa tiñamos tódalas fotos recortadiñas pasamos a plastificalas na nosa máquina. Saen ben quentiñas!



E xa por último só nos quedaba pegar a nosa foto no cartel da xirafa que tiña un pescozo tan longo que en cada lazo leva un mes do ano. Cada un pegou a súa foto no mes que naceu.



E así de bonito quedou o noso cartel dos cumpreanos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario