miércoles, 30 de diciembre de 2015

CHEGOU O NADAL

Con motivo da chegada do nadal, neste mes de decembro estivemos a facer moitas cousas relacionadas con isto. O primeiro foi decorar a nosa clase e máis o cole con cousas navideñas. Na clase a profe puxo os reis magos no corcho e nós fixemos as estrelas para decoralo.





Así fixemos as nosas estreliñas para que guiaran os reis no seu camiño.




 Primero tivemos que pintalas de cor dorado e prateado, cada un elexiu o que máis lle gustaba; e logo pegar a nosa foto na estrela.


Na entrada do cole fíxose un mural entre tódolos nenos e nenas de todos os cursos. Unha árbore moi grande feita coas nosas mans en papel verde. Así de chulo quedou. E xunto a él tódalas postais navideñas que fixeron os nenos/as  de primaria.





No hay comentarios:

Publicar un comentario