viernes, 23 de octubre de 2015

DECORANDO DE OUTONO

Con motivo da chegada do outono as profes do cole pedironnos os nenos e nenas de infantil que fixeramos unhas letras do outono para decorar o saloncito que temos no cole. A profe Pamela deunos a idea de facelas con follas ,asi que puxémonos mans a obra. 





O primeiro foi sair a recoller as follas fora do cole. Había moitas!


Cando xa tiñamos a bolsa chea marchamos á clase a ver o que recolleramos.


Escollemos as follas que queriamos e as pegamolas nas letras que nos tocaron, a O e a U.

Aquí podedes ver o resultado e coñecer o noso saloncito que irá cambiando coas estacións do ano.


No hay comentarios:

Publicar un comentario