lunes, 19 de octubre de 2015

FACENDO O NOSO HORARIO (PARTE 1)

Estes días estivemos a facer entre todos o horario da nosa clase. Como a Profe María non pode estar con nós todo o tempo e hai outros profes que tamén veñen a nosa clase, decidimos facer un horario xigante con todos os días da semana e poñer quen está con nós en cada hora.
O proceso foi moi laborioso pero pouco a pouco conseguimolo encher.



O primeiro foi colorear os días da semana que a profe fixo co ordenador.


Cando xa estaban pintados cuns colores fosforitos chulisimos, recortámolos e pegámolos no horario xigante.






Xa tiñamos os días pegados no mural, o seguinte paso imprimir, recortar e pegar as fotos de tódalas profes, das merendas que tocan cada día e máis dos recreos.






Moi pronto poderedes ver o resultado final no blog e na casa porque cada un de nós estamos a facer un traballiño para levalo á casa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario