viernes, 23 de octubre de 2015

DECORANDO DE OUTONO

Con motivo da chegada do outono as profes do cole pedironnos os nenos e nenas de infantil que fixeramos unhas letras do outono para decorar o saloncito que temos no cole. A profe Pamela deunos a idea de facelas con follas ,asi que puxémonos mans a obra. 





O primeiro foi sair a recoller as follas fora do cole. Había moitas!


Cando xa tiñamos a bolsa chea marchamos á clase a ver o que recolleramos.


Escollemos as follas que queriamos e as pegamolas nas letras que nos tocaron, a O e a U.

Aquí podedes ver o resultado e coñecer o noso saloncito que irá cambiando coas estacións do ano.


O NOSO HORARIO (PARTE 2)

Aquí tendes o noso horario xigante xa rematado. Os luns despois do recreo e do período de lectura, teremos ximnasia coa profe Andrea, os martes relixión coa profe Aurora e alternativa coa profe maría e os xoves inglés coa profe Inés.


CHEGANDO ESTA O SAMAIN

Coa vindeira chegada do Samaín e do Halloween os nenos e nenas estamos a traballar co medo  e para non ter medo empezamos cantando esta cancion:

lunes, 19 de octubre de 2015

FACENDO O NOSO HORARIO (PARTE 1)

Estes días estivemos a facer entre todos o horario da nosa clase. Como a Profe María non pode estar con nós todo o tempo e hai outros profes que tamén veñen a nosa clase, decidimos facer un horario xigante con todos os días da semana e poñer quen está con nós en cada hora.
O proceso foi moi laborioso pero pouco a pouco conseguimolo encher.



O primeiro foi colorear os días da semana que a profe fixo co ordenador.


Cando xa estaban pintados cuns colores fosforitos chulisimos, recortámolos e pegámolos no horario xigante.






Xa tiñamos os días pegados no mural, o seguinte paso imprimir, recortar e pegar as fotos de tódalas profes, das merendas que tocan cada día e máis dos recreos.






Moi pronto poderedes ver o resultado final no blog e na casa porque cada un de nós estamos a facer un traballiño para levalo á casa.

lunes, 5 de octubre de 2015

A MALETA CLETA

Un destes días pasados apareceu na clase unha maleta misteriosa, "La Maleta Cleta". A profe explicounos que dentro dela había sorpresas e que como marcha de viaxe as veces traerá novidades.






Un día trouxo a Pedrín e Luisín, uns amigos que temos na clase vixiando todo o tempo. As veces contannos cousas moi interesantes.



Outro día trouxo coitelos para xogar coa plastilina. Menuda sorpresa!





E outra vez dentro dela había unha camara para que nós saquemos fotos.


 Iremosvos ensinando as novas sorpresas que nos traia a maleta cleta en próximas entradas.

viernes, 2 de octubre de 2015

CUMPREANOS DE LEIRE E SABELA

Este xoves pasado estivo de cumpreanos a nosa compañeira Sabela; cumpria 3 anos e  celebramolo na clase soprando a vela na nosa tarta e cantando unha chea de cancións. Ademáis decidimos que tamén se unira Leire que xa os cumpriu en setembro pero como non estabamos todos xuntos non o celebramos.



Sabela e Leire decoraron a sua coroa con moitas pegatinas. Que bonita lles quedou!


A tarta que temos na clase fixoa a profe de plastilina pero o final do trimestre, na festa dos cumpreanos trimestral poderemos soplar as velas na tarta de verdade e comela.

MANTELES DAS MERENDAS

Xa temos feitos os manteliños para empregar cando merendamos. Así as mesas non se manchan e pasámolo moi ben decorándolos. A profe escribiu o noso nome nun folio de cor, e nós puxemos pegatinas, sellos...















Despois plastificámolo na máquina para que non se estropee.

E por último aquí tedes o resultado.





Esperamos que vos gusten!!