O longo deste mes estamos a traballar moitas cousas relacionadas co outono. Algunhas das que fixemos son:
A profe debuxou unha árbore moi grande que nós decidimos pintar coa tempera marrón empregando esponxas.
Unha vez rematada a nosa árbore pensamos que lle faltaban algunhas follas, asi que decidimos pintalas. As cores que empregamos foron as que entre todos cosideramos que son de outono: amarelo, marrón, laranxa e verde.
Así de chula quedou a nosa árbore, que empregamos para decorar a porta do armario da profe.
Ademáis fixemos unha castaña moi graciosa que deunos moito traballo: coloreala, recortala e pegala.
 |
Añadir leyenda |
E por último fixemos a nosa "medalla castaña" para poñer o día da festa do magosto durante os xogos.
En próximas entradas poderedes ver a festa do magosto e máis cousas que estamos a traballar.