jueves, 28 de abril de 2016

TEATRO DE SOMBRAS

Os nenos/as da clase de 1ºB prepararon un teatro de sombras baseado no conto "NON". Encantounos escoitar un conto a escuras e ver a sombra dos persoaxes detrás do guiñol.








martes, 19 de abril de 2016

PRIMAVERA

Como xa chegou a primavera aínda que non o pareza por ahora, empezamos a facer cousiñas para decorar o noso corcho e deixalo cheo de cores desta estación.





 








Ademáis estivemos a preparar unhas flores para facer unha bonita guirnalda de primavera.







EQUIPOS COOPERATIVOS

Seguimos a traballar por equipos cooperativos. Esta vez tiñamos que facer un collage con papel charol de distintas cores entre todos os membros do equipo. Tivemos que poñernos de acordo en quen sería o encargado do noso equipo e repartir o traballo. A profe deunos unha folla, catro anacos de papel charol, dúas tesoiras e dous pegamentos. Todos tiñamos que participar no traballo e á hora de avaliarnos houbo algunha cariña regular. Pouco a pouco iremos mellorando. Aínda estamos aprendendo a traballar así.










TÉCNICAS DE RELAXACIÓN

Esta semana estivemos a traballar técnicas de relaxación, para tratar de estar tranquilos en certos momentos. Así que nos fixemos masaxes uns a outros. Hasta viñeron os nenos da clase de 4 anos a visitarnos.



jueves, 14 de abril de 2016

ANIVERSARIO MARTIÑO

Este luns pasado, o día 11, foi o aniversario da noso amigo Martiño. Cumpría 4 anos! Coma sempre fixémoslle unha coroa decorada e soplou a vela da nosa tarta especial. Felicidades Martiño!!