miércoles, 21 de diciembre de 2016

COUSAS DE NAVIDAD

Estes días estivemos preparando moitas cousiñas de navidad, e algunha que outra sorpresa para levar a casa. Esperamos que vos gusten, e Feliz Navidad!















lunes, 19 de diciembre de 2016

RECETA CHAPLIN

A semana pasada decidimos facer unha receita de cociña, relacionada co proxecto que estamos a traballar: a cara de Charles Chaplin. Os ingredientes que empregamos foron:
- Unha tortita de maíz. 
- Unha rebanada de pan en forma de bombín, que preparou a profe previamente.
- Lacasitos para os ollos e o nariz .
- Regalíz para a boca.
- Sirope de chocolate para o bigote.

Este foi o resultado!!











E unha vez feito o traballo, solo quedaba comelo!!







VIDEO CHAPLIN

Como xa aprendimos un montón de cosas de Charles Chaplin, decidimos recrear algunhas das esceas máis coñecidas da sua película "La quimera de oro". Esperamos que vos guste!!



CHAPLIN

Neste trimestre estivemos a traballar e aprender moitas cousas sobre Charles Chaplin. Preparamos un espazo para colocar tódala información que trouxemos da casa, e fixemos un mural onde fomos contestando as preguntas que quixemos saber. Cada equipo encargouse de contestar a una delas. Así de chulos nos quedaron!!







viernes, 16 de diciembre de 2016

CONTACONTOS PATAKAFRITA

O pasado luns día 12 de decembro, tivemos a visita de Laura da librería Patakafrita, veu contarnos varios contos que nos encantaron! Ademáis cantamos a canción "A saia da Carolina", foi moi divertido. Gracias Laura!!








ANIVERSARIO MATEO, IZAN, LUCAS.G E LAURA

Neste mes de decembro tivemos muitos cumpreanos que celebrar, entre outros os de Mateo e Izan, e Lucas .G e Laura. Coma sempre fixémoslle a coroa, sopraron as velas da nosa tarta e cantámoslle a canción dos cumpres! Felicidades a todos!! Ainda nos queda algún máis que celebraremos a semana que ven.









jueves, 3 de noviembre de 2016

CELEBRANDO Ó SAMAÍN

Este venres día 28 de outubro, celebramos no cole a festa de Samaín- Hallowen. Este ano, ademáis de vir disfrazados da casa de esqueletos, cabazas, morcegos, bruxas, vampiros... fixemos unha sesión de "cine de medo", vendo a pelicula de "Hotel Transilvania 2". Que ben o pasamos!!









miércoles, 2 de noviembre de 2016

NOTA CHAPLIN

Imos comezar a traballar sobre Chaplin, polo que fixemos unha nota para ir recollendo información e poder así investigar. Moitas gracias pola vosa colaboración!