viernes, 22 de enero de 2016

A CARTA DE PATAQUIÑA

Este mércores pasado Pataquiña, a nosa mascota da biblioteca do cole, deixounos unha carta na biblioteca na que nos contaba que andaba explorando o mundo e coñecendo moitos animais. Un dos que máis lle gusta é o koala e gustaríalle saber moitas cousas sobre él. Podemos traer ó cole cousas relacionadas con este animal para poñer na nosa exposición. 











RINCÓN DA CIENCIA: MESA DE LUZ

Á volta das vacacións, como xa crecemos un montón, somos maiores e coñecemos e respetamos moi ben as normas da clase, a profe decidiu ensinarnos un rincón da clase que aínda nos quedaba por descubrir: o rincón da ciencia e a mesa de luz. É unha chulada, a todos nos gustou un montón e polo de agora estivemos explorando e coñecendo tódalas cousas que temos neste rincón. O rincón da ciencia. Iremosvos ensinando moitas cousiñas que traballeremos neste rincón.














CUMPREANOS LUCAS RAMÓN

Este domingo pasado foi o cumpreanos do noso compañeiro Lucas Ramón. Foi o primeiro en cumprir catro anos, así que tivemos que por catro velas na nosa tarta. Coma sempre fixémoslle unha coroa e cantamoslle as cancións. Felicidades Lucas!!