ESTE XOVES 15 DE XUÑO, A POUCOS DÍAS DE REMATAR O COLE, FIXEMOS UNHA SAÍDA MOI CAMPESTRE E DIVERTIDA Ó PARQUE ETNOARQUEOLÓXICO OUTEIRO DAS MOURAS.
CHEGAMOS EN AUTOBÚS, A PRIMEIRA SORPRESA QUE NOS ATOPAMOS FORON UN POTRIÑO E A SÚA MAMÁ, UNHA FERMOSA EGUA MARRÓN, QUE TROTABAN POLO MONTE, PARECE QUE NOS QUERÍAN SAUDAR.
LOGO FIXEMOS UNHA PEQUENA RUTA MOI FERMOSA E FRESQUIÑA ATA CHEGAR ÁS CABANAS ARQUEOLÓXICAS. ALÍ SAUDAMOS Ó XABARÍN🐗, VISITAMOS TODAS AS CABANAS, E DEMOS UN RECORRIDO POLO LUGAR.
BAIXAMOS, E COA CALOR QUE FACÍA, DECIDIMOS MERENDAR DEBAIXO DUNHA SOMBRA BEN FRESQUIÑA QUE ADEMÁIS TIÑA UNHA FONTE DE AUGA POTABLE, NA QUE NOS REFRESCAMOS AS MANS E A CARA, PARA SEGUIR O NOSO PASEO ATA O AUTOBÚS.
DALÍ FOMOS UN MOMENTIÑO ATA O PARQUE DA CASA VERDE E VOLTA PARA O COLE.
QUEREMOS AGRADECER A LAUREANO, O PAPÁ DE HELENA DE 5 ANOS, POR TODA A AXUDA E XESTIÓN, GRACIAS A ÉL FIXEMOS ESTA SAÍDA DE MANEIRA GRATUÍTA PARA TODOS.
FOI UN DÍA MOI CHULO NA COMPAÑÍA DOS NOSOS AMIGOS DE 5 ANOS E DAS PROFES MARÍA JOSÉ E ANDREA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario